A ver Paco que nos acojonas a todos....
Estado do Ceo
Ceos cubertos pola mañá con chuvias máis cuantiosas na metade oeste. Pola tarde, apertura de claros con chuvascos illados máis probables no oeste. Cota de neve en descenso ao longo da xornada ata os 1000 metros.
Temperatura
Temperaturas mínimas sen cambios significativos e máximas en descenso entre lixeiro e moderado.
Vento
Ventos moderados de compoñente oeste.
Comentario
A situación meteorolóxica cambia para o sábado. Perderemos a influencia anticiclónica e entrará unha fronte fría polo Atlántico que vai deixar os ceos cubertos á mañá e chuvias máis cuantiosas na metade oeste da Comunidade. Á tarde, iranse abrindo claros e as chuvias serán de carácter intermitente, máis probables nas provincias atlánticas. Esta fronte trae aire frío, o que vai facer por unha banda, que baixen as temperaturas máximas, que non van superar os 15 graos, polo tanto, notaremos sensación de frío despois dos valores tan altos destes días. Por outra banda a cota de neve irá descendendo ata situarse nos 1000 metros de altura nas últimas horas do día. Os ventos soprarán de compoñente oeste con intensidade moderada.
Domingo:
Estado do Ceo
Intervalos anubrados con chuvascos en toda a Comunidade que poderán ser de sarabia e de neve por riba dos 800 metros.
Temperatura
Temperaturas en lixeiro descenso, tanto as máximas como as mínimas. Sensación de frío.
Vento
Ventos moderados de compoñente oeste con refachos fortes á tarde no litoral da provincia da Coruña.
Comentario
Despois do paso da fronte na xornada do sábado, o domingo manterase o aire frío en altura o que vai deixar unha xornada de moita inestabilidade atmosférica. Con esta situación, os ceos estarán parcialmente cubertos con chuvascos que poderán ser de sarabia e de neve por riba dos 800 metros de altitude. As temperaturas tanto máximas como mínimas descenderán lixeiramente, o que, unido ao vento, deixará unha sensación térmica de frío. Os ventos soprarán moderados de compoñente oeste en xeral, con refachos fortes á tarde no litoral da provincia da Coruña.
Asi que con este pronostico yo en principio voy y ya veremos como nos lo montamos... Lo que hay que hacer por 20 pavos...